Escoitar

O Concello pon en marcha un proxecto de rutas urbanas sinalizadas para cruceristas

O Concello de Vigo ven de poñer en marcha un proxecto de rutas urbanas sinalizadas para atender aos cruceristas cun custo de 7.500 euros, unha iniciativa incluída no Plan de Competitividad, para promocionar o turismo urbano. O posto de información está na oficiña de Cánovas do Castillo

venres, 7 set 2012
1347023476turismo.JPG
Os cruceristas que se achegan á oficiña de información turística de Cánova de Castillo reciben desde hoxe información sobre rutas sinalizadas ao longo da cidade. Cun orzamento de 7.500 euros, este proxecto, que está incluido no Plan de Competitividade acordado co anterior Goberno de España, ten por obxectivo a promoción de turismo urbano Durante a visista ás instalacións, Caballero destacou que o departamento municipal de Turismo reforzou estes días a oficiña con dúas persoas máis, ao que sumou máis viaxes programados do bus turístico para atender a importante chegada de cruceristas á cidade. Lamentou que a Autoridade Portuaria non dera permiso á empresa para intalarse na Estación Marítima, ubicación idónea, pero recalcou que a pesar de todo, "esta experiencia saiu adiante". O rexedor criticou non ser invitado á visita que o presidente da Xunta ás instalacións portuarias, tendo en conta que o alcalde de Vigo é membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
Descargar todas as imaxes