Escoitar

Horta urbana ecolóxica

A concellería de Xuventude convoca novos obradoiros de horta urbana que se celebraran os vindeiros meses nos exteriores da Casa da Xuventude.Entre os obxectivos do taller figuran dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.

mércores, 5 set 2012
Obxectivos:

• Sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade.

• Dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica.

• Fomentar unha alimentación máis saudable entre a mocidade.

• Dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.



Datas:

Outubro, novembro e decembro de 2012. 6 sesións. 15 participantes.

Prazos e lugar de inscrición: DENDE O DÍA 3 de setembro en horario de 10 a 13,30hs e de 17,30 a 20,00hs.

Inscrición na Casa da Xuventude (López Mora nº31)

Destinado a: Mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. No caso de menores de idade deberán traer unha autorización materna/paterna ou do seu titor/a.

Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo.

Máis información:

Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org – Vigosónico 608 848 989 e na web xuventudevigo.org