Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 31 de xullo de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero visitou a mostra "Mergúllate no Océano" de divulgación do Campus do Mar

O alcalde de Vigo acudiu este martes á Porta do Sol para coñecer "Mergúllate no Océano", unha iniciativa de divulgación das actividades que leva adiante o Campus do Mar de Vigo. O obxectivo é achegar a ciencia mariña á sociedade mediante obradoiros, exposicións e -como novidade este ano- proxeccións de cine submariño.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes "Mergúllate no Océano", unha iniciativa sita na Porta do Sol e enmarcada dentro das actividades de divulgación do Campus do Mar.

A exposición, estructurada en módulos e cunha superficie de 200 metros cadrados, propón o achegamento das ciencias mariñas á sociedade, a través de obradoiros, exposicións e actos para todo tipo de públicos. O obxectivo é amosar as distintas áreas de coñecemento que abarcan os investigadores do Campus de Excelencia Internacional vigués.

No pasado ano, estas actividades de divulgación científica desenvolvéronse no areal de Samil, ubicación reemprazada este verán polo centro da cidade incluíndo, como novidade, a proxección de cine submariño unha vez rematan os obradoiros.

O alcalde, quen visitou a mostra co Reitor da Universidade de Vigo, salientou a "notable acollida" desta proposta científica e avogou por seguir cooperando co campus para que a acción universitaria teña "presencia" na cidade.
Mais noticias
Abel Caballero propón ao Estado consensuar a reforma da Lei de Bases de Réxime Local
Concello e CSIC colaboran nunha campaña de concienciación coas enerxías renovables
Rap e electrónica na Constitución o mércores 1 con Kaixo Sama Vs Elecesar e Bflecha dentro do festival Son de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003