Escoitar

Abel Caballero propón ao Estado consensuar a reforma da Lei de Bases de Réxime Local

O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) informou este martes, tras a reunión da Comisión Nacional de Administración Local, que as cidades ven "inasumible" a reforma proposta polo goberno central e solicitan un acordo que elimine "duplicidades" administrativas.

martes, 31 xul 2012
1343734590alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo e vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, ve "inasumible" para os concellos o proxecto de lei reforma de bases de réxime local que impulsa o Estado e solicita retiralo, iniciar o diálogo e consesuar a norma entre as partes.

Caballero, que participou onte luns na reunión da Comisión Nacional de Administración Local presidida polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, asegurou que os municipios españois piden retirar o proxecto impulsado polo goberno central, reformar a Lei de Facendas Locais, definir as competencias das administracións, eliminar duplicidades e solpamentos e institucionalización da FEMP no Consello de Política Fiscal e Financeira, con capacidade xurídica de recursos de inconstitucionalidade.

O alcalde vigués explicou que rexeitan a proposta do Estado por potenciar o papel das Diputacións, que poderían chegar incluso a intervir concellos, pese a ser administracións decimonómicas e ineficaces -en verbas de Caballero- que teñen un coste de 6.000 millóns de euros anuais.

Segundo informou o socialista, as administracións locais teñen déficit cero e unha débeda do 3,4% do Producto Interior Bruto (PIB) -polo 15% aproximado das comunidades autónomas e o 70% do Estado- e no pasado ano rebaixo os niveis de débeda.
Descargar todas as imaxes