Escoitar

O Concello organiza a segunda edición do Festival Son de Vigo, con grupos da cidade

A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, ven de presentar a segunda edición do ciclo SON DE VIGO, incluído dentro do programa de festas. A creatividade musical da cidade terá un lugar destacado coa celebración do festival do 30 de xullo ao 3 de agosto. Os grupos locais tomarán o escenario da Praza da Constitución durante catro días e darán paso a un gran peche no Auditorio de Castrelos con Os Resentidos e Siniestro Total en directo o venres 3 de agosto. A escena emerxente viguesa darase cita nos días previos na Constitución, do luns 30 ao xoves 2, da man dos grupos The Blows, Aries, Mónica de Nut, The Soul Jacket, Kaixo Sama VS Elecesar, Bflecha, Camarada Nimoy e Inculpados.

martes, 24 xul 2012
1343132921sondevigo.jpg
Un espazo propio e relevante para a música feita en Vigo dentro das festas de verán, esa é a filosofía do Son de Vigo, que trata de ser un punto de encontro para os artistas que desde a cidade proxectan o seu traballo cara novos mercados e públicos. Artistas con traxectorias consolidadas no seu terreo, novos grupos que emerxen na escena local, propostas case descoñecidas na cidade que atopan eco fóra dela e, como guinda, un directo de dous dos grupos máis relevantes na historia musical viguesa e galega como son Siniestro Total e Os Resentidos.

Os concertos na praza da Constitución comezarán ás 22,30 horas e serán de entrada libre; o concerto do auditorio de Castrelos do venres 3 de agosto comezará ás 23,00 horas e o prezo para a zona de pagamento será simbólico: 2 €. As entradas poderán adquirirse no sistema de venda de Servinova e na Central de Espectáculos dende o vindeiro venres 27.
1343132921sondevigo.jpg
1343129049sondevigo.jpg

Máis información