Escoitar

O Concello convenia cos sindicatos a prevención dos riscos laborais nas obras municipais

O alcalde, Abel Caballero, rubricou este xoves un convenio de colaboración coas tres principais centrais sindicais para que UGT, CCOO e CIG se encarguen do cumprimento das condicións laborais, de seguridade e saúde nas obras deste ano do goberno local.

xoves, 12 xul 2012
1342094389sindicatos.jpg
Os tres sindicatos, o concelleiro de Emprego, Santos Héctor, e o alcalde, Abel Caballero, reuníronse este xoves no Concello para asinar o convenio de colaboración entre as partes polo que o goberno local achega 45.000 euros ás centrais adicados á contratación de técnicos en prevención de riscos laborais, a adquisición de medios materiais e informáticos.

O Concello encarga así aos representantes dos traballadores a vixilancia do cumprimento dos convenios colectivos e da prevención de riscos laborais nas obras de 2012 do goberno local, garantindo así o cumprimento real e efectivo da normativa. Caballero valorou esta "inversión enormemente rendible en termos humanos".

Segundo indica o texto, mediante a actuación conxunta de Concello, empresas e traballadores acádase a integración e implantación dun potente sistema preventivo, que compleméntase coa creación dunha comisión de seguemento deste convenio. O alcalde ve nos sindicatos os que "mellor" van exercer esta función de vixilancia.
Descargar todas as imaxes