Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de xuño de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Manel Fernández subliña que a Ría abre a tempada de traiñeiras coa Bandeira Concello de Vigo 

A Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras dispútase este sábado en augas do Vao (12:00), onde nove tripulacións pelexarán na primeira regata da tempada, dentro do novo formato da Liga Galega de Traiñeiras (LGT), que estrea dúas divisións, A e B. A bandeira viguesa, que cumpre vinte edicións, corresponde á primeira regata da División B e está dotada con 6.000 euros en premios.




O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou no Concello esta proba, que por segundo ano consecutivo celebrarase no Vao e que tamén por segundo verán seguido está organizada polo Club de Remo Coruxo. Para el, "a Ría é un lugar de referencia no mundo do remo e Vigo é un dos seus puntos centrais", explicou o edil socialista.

"Vai ser moi espectacular", sinalou o vicepresidente do club, Darío Fernández Méndez, que avanzou que "a marea vai estar alta ao comezo da proba (12:00 horas), o que obrigará aos patróns a estar moi finos para pasar debaixo da ponte", situación que darase en dúas oportunidades.

Será unha regata en liña con 5.556 metros e catro viradas fronte ás tres ciabogas habituais, pola disposición do campo de regatas, ante a praia, dando así "un punto de vista diferente ao espectador", comentou David Serodio, directivo da entidade. O concelleiro, ademais, sinalou que "con esta regata iníciase o calendario galego dun deporte tan ligado á nosa tradición mariñeira".

Perillo, Mecos Mondariz, Coruxo, Esteirana, Rianxo, Puebla, Cesantes, O Morrazo e Robaleira son as tripulacións participantes e aspirantes a lograr o ascenso á División A. A División B consta de 14 probas. En Vigo esta é a única. Logo hai un play-off (eliminatoria) o 25 e 26 de agosto para ascender.

Á rolda de prensa tamén asistiron dúas dos membros da traiñeira de Coruxo, David Fernández e Alejandro Fernández.
Mais noticias
O goberno local regulariza e asume a propiedade de 50 vivendas en Rosalía de Castro
Caballero apunta que o Festival Aéreo de Vigo é o "acto lúdico que congrega máis xente de toda Galicia"
O alcalde avanza a construcción dun "gran corredor verde entre Coia e Samil"
Samil, único areal de Galicia que terá este verán todos os Campionatos de Galicia de deportes de praia
O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons pecha a oitava edición cos concertos de Joachim Kühn Trio e a Orquesta Voland
Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao
CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"
CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN"
Bases de solicitudes de actuacións para o XVIII Festival Folclórico Internacional


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003