Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de xuño de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local regulariza e asume a propiedade de 50 vivendas en Rosalía de Castro

O alcalde de Vigo, de visita nunha das vivendas, recoñeceu este venres o traballo da edil de Urbanismo, Carmela Silva, na recuperación e normalización destes pisos tras 12 anos, reintegrando uns 10 millóns de euros en valor patrimonial para o Concello. Para evitar o pago de 3 millóns de indemnización por unha sentenza xudicial de inicios de 2007, o Concello cederá 10 vivendas a RENFE.




A visita deste venres ao número 12 de República Argentina representa para Caballero a "normalización e recuperación por parte do Concello de 50 vivendas en Rosalía de Castro" e a "ineficacia" do urbanismo en Vigo durante 17 anos, tempo no que os anteriores gobernos locais non resolveron os problemas legais e urbanísticos que as envolvían.

O alcalde subliñou que finalmente o Concello consegue agora regularizar a situación e o Concello adquire as 50 vivendas, das que 10 serán entregadas a RENFE en virtude dunha decisión xudicial de 2007 que obriga a esta cesión para evitar o pago de 3 millóns de euros de indemnización.

Unha estimación do valor patrimonial dos 40 pisos de propiedade municipal o sitúa próximo aos 10 millóns. "A xestión de Silva Rego en urbanismo acaba de reintegrar ao patrimonio municipal 10 millóns de euros", conseguido "en menos de un ano", destacou Caballero, quen felicitou públicamante á concelleira de Urbanismo por resolver unha cuestión que "levaba 17 anos de espera", desde 1995.

Neste ámbito de actuación, definido polas constantes "dificultades urbanísticas" derivadas de gobernos anteriores, tal e como apuntou o alcalde, o Concello tamén concedeu licenza o 21 de xuño a outras 30 vivendas -evitando así indemnizacións- e tramita outras 10 regularizacións máis no entorno.

Preguntado polo uso dos 40 pisos recibidos -a metade de superficies entre os 96 e os 112 metros e os outros vinte entre 75 e 80 metros-, o Concello estudará con distintos colectivos o mellor uso posible en época de crise para estas.
Mais noticias
Caballero apunta que o Festival Aéreo de Vigo é o "acto lúdico que congrega máis xente de toda Galicia"
O alcalde avanza a construcción dun "gran corredor verde entre Coia e Samil"
Manel Fernández subliña que a Ría abre a tempada de traiñeiras coa Bandeira Concello de Vigo 
Samil, único areal de Galicia que terá este verán todos os Campionatos de Galicia de deportes de praia
O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons pecha a oitava edición cos concertos de Joachim Kühn Trio e a Orquesta Voland
Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao
CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"
CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN"
Bases de solicitudes de actuacións para o XVIII Festival Folclórico Internacional


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003