Escoitar

Caballero asistiu á apertura das xornadas policiais pola construción da nova Comisaría de Vigo

O alcalde de Vigo acudiu este venres á Estación Marítima para presenciar o acto de apertura das xornadas policiais por mor da construción da nova sede de López Mora, un evento que alongarase ata o 27 de xuño e pretende divulgar a historia e actividade da Policía Nacional mediante exposicións, documentais e conferencias.

venres, 22 xuñ 2012
1340366782policia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades, participou este venres no acto de apertura das xornadas da Policía Nacional na cidade por mor da construcción da nova Comisaría de Vigo-Redondela en López Mora.

O acto de apertura, celebrado na Estación Marítima, contou cun exercicio táctico-policial coas unidades especiais, os TEDAX, UIP, o Grupo de Operacións Especiais, Helicóptero e guías caninos.

Desde hoxe venres ata o próximo 27 de xuño, de 11 a 14 e de 17 a 21 horas, os visitantes poderán coñecer máis de preto a actividade e modus operandi da Policía Nacional así como a súa historia, unha mostra que alberga medios e vehículos poiciais especiais, elementos da Policía Científica e importantes pezas da Escola de Policía de Ávila.

O programa complétase coa proxección de documentais sobre a Policía Científica e a Comisaría viguesa, ademais de conferencias sobre seguridade e tecnoloxía que terán lugar do 25 ao 27 de xuño.
Descargar todas as imaxes