Escoitar

Caballero insta ao Ministerio de Fomento a ratificar a prioridade do AVE por Cerdedo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insta á ministra de Fomento a ratificar á prioridade do AVE por Cerdedo, unha vez que o secretario de Estado de Infraestructuras "levantou serios interrogantes" nunha resposta a unha pregunta da deputada Carmela Silva Rego sobre os prazos da chegada do AVE a Vigo.

xoves, 21 xuñ 2012
1340280236alcalde2.jpg
Caballero reclama á ministra de Fomento que aclaren "os serios interrogantes" que deslizou o secretario de Estado de Infraestructuras, Rafael Catalá, nunha resposta parlamentaria á deputada socialista Carmela Silva Rego. En verbas do rexedor, aseverou que o Ministero de Medioambiente obriga a reiterar a declaración de impacto ambiental e novambente proceso de información pública debido a unha modificación puntual do trazado na zona de Barro. Neste punto, Caballero explicou que bastaría facer a declaración desta tramo concreto porque, do contrario, o proxecto sufriría un retraso de máis de cinco anos, retrotraéndose ao ano 2007.

Insistiu en que o Ministerio ten que aclarar se variou o trazado, dado que no Concello non consta información algunha ao respecto. Durante a súa comparecencia, detallou a situación que deixou o anterior Goberno Central, detallando que a declaración de impacto ambiental foi aprobada o 1 de decembro de 2001, os proxectos básicos foron adxudicados entre xaneiro e febreiro de 2011, cun prazo de 14 meses, co que xa deberían estar redactados a estas alturas.

Os pasos seguintes, dixo, serían licitar o proxecto construtivo e obra. Ante esta situación, o rexedor preguntouse a que se refería Rafael Catalá ao anunciar a necesidade doutra declaración de impacto ambiental porque "iso suporía empezar de cero polo que teñen que aclararlo". Caballero anunciou que Carmela Silva xa rexistrou no Parlamento preguntas orais e avanzou "que na cidade non imos esperar de brazos cruzado se se confirma este retraso de cinco anos" . Rematou apelando ao compromiso da ministra de Fomennto coa provincia que "si está a cumprir na estación do AVE e no aeroporto".

Area metropolitana
Ante os medios de comunicación, o alcalde avanzou que convocará o Pleno da Corporación para a designación dos concelleiros metropolitanos de acordo coa lei, antes do 27 de xuño. Abel Caballero recordou que a norma autonómica concede 30 días hábiles para a convocatoria da devandita sesión, prazo que expira o 27 de xuño.
Descargar todas as imaxes