Escoitar

O goberno local programa actos do Orgullo Vigo 2012 xunto á Asociación Nós Mesmas

A Concellería de Cultura e Festas maila asociación Nós Mesmas organizan o programa de actos do ORGULLO VIGO 2012 que terá lugar o venres 22 de xuño na Casa Galega da Cultura e na praza da Constitución a partires das 19,30 horas, con conferencia e actuacións en directo.

xoves, 21 xuñ 2012
134027498701.JPG
A primeira acción terá lugar ás 19.30 horas coa colocación da bandeira arco-íris no balcón da Casa Galega da Cultura. A continuación ás 20:00 horas , no salón de actos da Casa Galega da Cultura haberá unha CHARLA- COLOQUIo sobre os "Dereitos e activismo ante a sociedade de 2012. Vigo pasado e presente", a cargo de Antonio Póveda, expresidente da Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais. Intervirán na charla: Xosé Manuel Buxan Bran, profesor da Universidade de Vigo; Eli Pérez Costas, cofundadora da asociación Nós Mesma e Isaura Abelairas Rodríguez, concelleira de Cultura e Festas.

Ás 22:00 horas procederase á lectura dun manifesto por parte de Antonio Póveda e de Eli Pérez Costas, , no palco da Praza da Constituación.

A programación continuará ás 22:15 horas cunha FESTA-CONCERTO:
22:15 horas, actuación do DJ Patricio da discoteca Mogambo de Vigo.
22:40 horas, actuación do humorista - transformista Rianxeira.
23:00 horas, actuación do grupo vigués HERVILLE FIRE.
Lugar: palco da praza da Constitución.
Descargar todas as imaxes