Escoitar

Obradoiros monográficos de verán 2012 da Escola Municipal de Teatro

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar os Obradoiros Monográficos de verán 2012, dende o día 2 de xullo ata o día 20, nas instalacións da EMT, en horario de 17:00 a 21:00 horas.O prazo de preinscrición comezará o 11 de xuño e finalizará o 25 de xuño.

xoves, 7 xuñ 2012
1339068784escolateatro.jpg
As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 (interior), en horario de 10:30 a 13:00 de luns a xoves e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org ou na EMT. A publicación dos admitidos será o día 26 de xuño e a formalización de matrícula os días 27, 28 e 29 de xuño.

O prezo de cada curso é de de 46.60 euros. Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

COMEDIA DO ARTE
O obradoiro propón levar a cabo unha exploración dos oríxes do teatro sacando a luz os procesos que sustentan a comendia, tocando primeiro a área creativa e os personaxes da Commedia dell Arte.
Data: 2 de xullo ó 6 de xullo
Hora: de 17:00 a 21:00h
Mestre: Massimo Malucelli: Calificado con honores sobre o anàlisis dunha trama de la Commedia dell’Arte. Estudiou con grandes maestros internacionais: Actors' Studio, Nichita Mikhalkov, Roy Hart Theatre, Yves Lebreton, Antonio Fava. Imparte cursos de nivel nacionais e internacionais. Escenificador, actor, escritor, director, profesor adxunto na Universidad de Ferrara. Director Artístico do "Campus Belriguardo".

MAQUILLAXE ARTÍSTICO
O obradoiro ten como obxectivo iniciar os alumnos- actores no arte da caracterización teatral e deste xeito ofrecer unha ferramenta máis para complementar e desenvolver o traballo escénico.
Data: 2 de xullo ó 6 de xullo
Hora: de 17:00 a 21:00h
Mestre: Gustavo Brito: Escenógrafo e caracterizador teatral. Formado en distintas escolas en Bos Aires. Desde o ano 2004 reside en Galicia, traballando con compañías teatrais de todo o territorio español, tamén como profesor dictando talleres de Escenografía e Caracterización Teatral en distintas cidades da península Ibérica.

TEATRO DE RÚA
O obradoiro propón coñecer as características básicas deste tipo de espectáculo. O seu desenvolvemento estará baseado na creación dun pequeno espectáculo, desde a idea ata a posta en escena , para ser representado nun espazo da cidade como obxectivo final.
Data: 9 de xullo ó 13 de xullo
Hora: de 17:00 a 21:00h
Mestre: Leonel García Laborde: Lcdo. En Dirección Escénica pola Universidade Estatal de Cultura e Arte de Moscova, Rusia, cunha carreira profesional que abarca dúas liñas de xeito simultáneo: a docente e a artística. Director do grupo de teatro Aforo, fundado en Vigo en 1998.

INTERPRETACIÓN NON VERBAL
Este obradoiro consiste no uso da técnica corporal sobre unha partitura de xestos e movementos que den lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo, e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.
Data: 16 de xullo ó 20 de xullo
Hora: de 17:00 a 21:00h
Mestre: Leonel García Laborde
Descargar todas as imaxes