Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de maio de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello adicará a familias con poucos recursos as tres vivendas de Roteas que recibirá da Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe xoves que a Xerencia de Urbanismo proporá a aceptación da cesión gratuíta do Instituto Galego de Vivenda e Solo de tres vivendas de promoción pública na Carretera de Camposancos e en Roteas. Serán destiñados a atender as necesidades de persoas con dificultades económicas.




A Xerencia de Urbanismo de mañá venres proporá a aceptación da cesión gratuíta por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo de tres vivendas de promoción pública en Carretera de Camposancos e en Roteas, que serán destiñadas á persoas con dificultade económica. Segundo explicou o rexedor, poderán optar a estes pisos familias con ingresos anuais inferiores ao 1,5 del Iprem.

Caballero explicou que este proceso ven de 1995, cando o Concello de Vigo cedeu gratuitamente 5 parcelas á Xunta para a construcción de vivenda protexida de promoción pública. Neste acordo, figuraba a obriga de ceder o 10% dos pisos.

Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo tamén dará luz verde á axudas á rehabilitación de 44 vivendas no Casco Vello e en Bouzas cun importe de 409.000 euros.

Consorcio Casco Vello
O rexedor explicou que o Consello de Administración do Consorcio Casco Vello acordou a prórroga do seu funcionamento ata o 31 de decembro de 2012. Esta ampliación mantén, en verbas do alcalde, dous aspectos fundamentais: manter a unanimidade para tomar decisións e que sexa visible a colaboración de Concello e Xunta.
Mais noticias
Caballero confía en aprobar o luns o orzamento do Concello para impulsar as "políticas de emprego"
O alcalde ensalza o "galeguismo moderno" de Paz Andrade nun acto cultural de homenaxe ao vigués
O Concello mantén a achega de 18.000 euros á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003