Escoitar

Caballero confía en aprobar o luns o orzamento do Concello para impulsar as "políticas de emprego"

O alcalde vigués confirmou que o Pleno extraordinario de aprobación definitiva do orzamento municipal de 2012 terá lugar este luns, 4 de xuño, onde Caballero confía en sacar as contas adiante para estar "en condicións" de aplicar "políticas de creación de emprego, políticas sociais e de atención á calidade da educación", entre outras.

xoves, 31 mai 2012
No tocante a emprego, e en previsión de que o orzamento do Concello para 2012 poida aprobarse, o alcalde adiantou que posteriormente "haberá que convocar unha mesa, que xa está deseñada" de seguemento para avanzar no desenvolvemento do plan de emprego, que ten unha partida reservada ao efecto de 5 millóns de euros.