Escoitar

O Concello colocará litografías do pintor Manuel Colmeiro na rúa que leva o nome do artista

A rúa Pintor Colmeiro contará a finais de xuño cunha exposición permanente de litografías do artista que da nome á rúa. Así o explicou hoxe luns o rexedor, durante unha visita ás obras de humanización da zona, na que estivo acompañado pola filla do artista, Elena Colmeiro.

luns, 14 mai 2012
1337000871pintor.JPG
O alcalde de Vigo visitou hoxe luns as obras de humanización de Pintor Colmeiro, acompañado pola filla do artista que da nome á rúa, Elena Colmeiro. O obxectivo era presentarlle á escultora a proposta municipal de colocar nunha praza da rúa 5 paneis con litografías por ambas caras, polo que serán 10 cadros os expostos na rúa. "Trátase dunha pequena homenaxe a un pintor excepcional, universal e un dos mellores que deu Galicia para o mundo", dixo Caballero. Iniciativas como ésta, significan "seguir avanzando no proceso entronización da cultura na cidade desde os museos, a vida das artistas, escultores, pintores e, a se posible, queremos a arte na rúa".

As obras de humanización da rúa vai unir dúas zonas excepcionais da cidade, a zona de Povisa e a de Independencia, cun investimento será de 800.000 euros. "En pouco tempo chegaremos a López Mora, nun proceso de ir unindo humanizacións masivas", apuntou.
Descargar todas as imaxes