Escoitar

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 7 DO PXOM, EN EXECUCIÓN DE SENTENZA DO TSXG NÚM. 25/2011, RELATIVA Á DEFINICIÓN DE ALIÑACIÓNS NO CAMIÑO DE BALSA (MATAMÁ)

venres, 27 abr 2012
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día vinteseis de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Aprobar inicialmente a «MODIFICACIÓN PUNTUAL N.º 7 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO, RELATIVA Á DEFINICIÓN DE ALIÑACIÓNS NO CAMIÑO DE BALSA (MATAMÁ)», redactada polos servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, en execución da sentenza 00025/2011, de 13.01.2011 (P.O. 0004653/2008) da Sala do contencioso administrativo (Sección 002) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

SEGUNDO: Aos efectos do art. 77.2 da LOUGA, determinar expresamente que a área afectada pola modificación comprende exclusivamente as parcelas lindantes co vial do Camiño de Balsa do que se trazan as aliñacións, de referencias catastrais 54057A088003480000AI, 54057A088003520000AJ, 1320801NG2712S0001OD e 1320819NG2712S0001YD .

TERCEIRO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante a inserción de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e dar audiencia simultaneamente polo mesmo prazo aos municipios limítrofes.
Ao mesmo tempo, recabar das Administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios; en particular, da Consellería de Economía e Industria tocante aos datos reflectidos no Rexistro Mineiro de Galicia.

CUARTO: Dar traslado do presente acordo á Sala do contencioso administrativo (Sección 002) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para o seu coñecemento.»