Escoitar

O alcalde pide á Fundación Novacaixagalicia que blinde en Vigo a colección artística de Caixanova

Abel Caballero quere manter en Vigo a colección artística de Caixanova e así llo solicitará por carta aos responsables da Fundación Novacaixagalicia. Trátase de "blindar" este patrimonio cultural na cidade, unha vez coñecida á decisión de que a sede da Fundación se ubique en Santiago.

venres, 27 abr 2012
1335528518Imagen003.jpg
O alcalde de Vigo solicitará ao Consello da Fundación de Novacaixagalicia que "blinde" para Vigo a colección artística de Caixanova porque "xa houbo un intento de levalo fora da cidade e poden volver a intentalo, agora que a sede social vai estar en Santiago". Na súa comparencia cos medios de comunicación, Caballero lembrou as "nefastas" consecuencias que tivo para esta cidade a decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de fusionar as caixas de aforros galegas.

En novembro de 2010, Vigo perdeu a súa caixa de aforros municipal, o 15 de setembro de 2011, convértese en Novagalicia Banco e en setembro de 2011, o Estado toma o control do 93% da entidade. En tres anos, resumiu, a cidade perdeu a sede social e fiscal da nova caixa fusionada, a obra social e a participación da caixa en proxectos empresariais. A sede operativa da entidade, apuntou o rexedor, está en Vigo, pero o consello de administración do novo banco empeza a non reunirse aquí. "Este é o resultado da actuación de Feijóo na cidade, é o único responsable desta desaparición", concluíu.
Descargar todas as imaxes