Escoitar

Caballero avanza a opinión "unánime" da Femp de acotar a actuación das deputacións a concellos de menos de 20.000 habitantes

Abel Caballero anunciou hoxe mércores o "unánime" acordo de todos os membros da Femp para limitar as actuacións das diputacións a concellos de menos de 20.000 habitantes. Esta "sabia e convinte" decisión foi unha das que se alcanzou onte na na xunta de goberno da Federación de Municipios e Provincias na que participou o rexedor e vicepresidente do ente.

mércores, 25 abr 2012
1335357039alcalde2.jpg
As deputacións deben acotar a súa actuación ás poboacións de menos de 20.000 habitantes, segundo acordo "unánime" dos membros da Federación de Municipios e Provincias que onte se reuniu en Madrid. O rexedor e vicepresidente da Femp ratificou a necesidade de clarificar competencias entre concellos, diputacións e gobernos autonómicos e cualificou de "sabia e convinte" a opinión de todos os alcaldes de España de acotar competencias dos organismos provinciais.

En rolda de prensa, anunciou que desde a Femp confían en que a lei que está elaborando o Goberno sobre a delegación de competencias "se incline polas administracións máis próximas ao cidadán, no caso de controversia".

Cidade da Xustiza
Abel Caballero transmitiu en rolda de prensa o apoio do Goberno municipal á demarcación xudicial que defende o xuiz decano e que implica que Vigo aglutine todos os partidos xudiciais do sur da provincia. Nesta liña, asegurou que cada vez é máis urxente á posta en marcha da Cidade da Xustiza, emprazando de novo ao presidente da Xunta a aceptar a proposta de adquisición de terreos a custe cero para á administración autonómica.
Descargar todas as imaxes