Escoitar

Caballero recibe a profesorado e alumnado europeo do programa educativo Comenius

O alcalde de Vigo recibiu este luns aos participantes do proxecto europeo Comenius, un programa educativo de dous anos de duración que se desenvolve en inglés, coa participación de 9 países e no que o IES Politécnico vigués representa a España. A cidade acolle ao alumnado e o profesorado ata o próximo sábado.

luns, 16 abr 2012
1334577023comenius.jpg
Abel Caballero explicou que, xunto a España, nesta iniciativa educativa europea ten representación centros escolares de Estonia, Turquía, Francia, Holanda, Noruega, Italia, Rumanía e Chipre, desenvolvemento as actividades e reunións de traballo en inglés. O proxecto leva o nome de "Redescubrindo os verdadeiros valores europeos".
Descargar todas as imaxes