Escoitar
Anuncio de Cultura e Festas

Apertura prazo de solicitudes para o programa "VENTE CON NOS"

A Concellería de Cultura e Festas asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con Nos" do presente ano.Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.<br />

venres, 13 abr 2012
As actuacións con cargo a este convenio irán destinados ó público en xeral, con acceso libre e gratuíto, ata completar o aforo do lugar onde se celebren. As actuacións distribuiranse atendendo aos criterios de dispoñibilidade da agrupación artística, a orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello e a maior diversificación nos ámbitos territoriais e artísticos. Con carácter xeral quedan excluídas do convenio aquelas actuacións vinculadas á programación de actos de carácter non laico, festas e romarías patronais, así como aquelas actuacións programadas dentro do mesmo ámbito territorial parroquial asociado a agrupación artística e entidade que a acolle.

A tal fin, infórmase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13.00 horas do día 27 de abril do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información situada na lonxa do Concello e nas web municipal (www.vigo.org) e www.vigocultura.org.

Máis información