Escoitar

Actividade de "Escalada e multiaventura" na Praza da Independencia

A Concellería de Xuventude organiza o evento de "Escalada e Multiaventura" o sábado 24 de marzo , de 16 a 20 horas, na Praza da Independencia. O evento reproduce a dinámica de Camiño a Camiño, incorporando como actividade estrela a escalada. Deste xeito, entre outras actividades, poderase "ascender" a Serra do Galiñeiro, faranse probas e explicarase como axudar a conservar o entorno de Zamáns, e os máis pequenos "conquistarán" o Monte do Castro.

venres, 23 mar 2012
1332502197escalada.jpg
Para realizar esta actividade a praza estará dividida en zonas temáticas:

a) Serra do Galiñeiro (zona de escalada). Instalaranse 3 rocódromos, un específico para menores de 8 anos e dous totems de 6 metros de altura para participantes de todas as idades.
Tamén se disporá de un boulder (escalada horizontal) de 16 metros enfocado á aprendizaxe da técnica de escalada, no que poderán acceder todos os públicos. Incluso na zona infantil, que estará acotada no centro da praza, vanse a instalar un pequeno minibulder para que os máis pequerrechos gocen con este deporte de natureza. En todos estes espazos estarán presentes monitores especializados.

b) Zamáns (zona de contidos medioambientais e de xogos de habilidade). Representará a zona de interpretación medioambiental e poderase practicar dende a localización con prismáticos de aves, a identificación de animais terrestres (teixugo, etc) e a observación da natureza microscópica a través de lentes.

Tamén haberá xogos nos que se aborde a conservación da biodiversidade comprobando como actúan as especies invasoras (carpa e perca americana) sobre as especies autóctonas nos nosos ríos (troita), ou xogos de habilidade que simulan situacións reais que se producen no medio da natureza: dende circular pola ponte do oso, ata ter que rodear zonas en zancos ou ter que asegurarse con cordas.

c) Camiño a Camiño (zona de exposición e de expresión artística). Neste espazo farase unha exposición de fotografías destes catro anos de Camiño a Camiño e daranse a coñecer os contidos que a Concellería de Medio Ambiente realizou neste tempo (zonas húmidas, areais, parques forestais, o ceo de Vigo, etc).

Asemade, neste espazo todos os participantes poderán expresar en murais como ven a realidade medioambiental do Concello, xerando un gran mural colectivo.

c) Monte do Castro ou zona infantil. Será o espazo reservado para os nenos e nenas de 3 a 7 anos, onde se creará un hábitat específico para estas idades e no que poderán realizar, á súa medida, as actividades previstas para os maiores: rocódromo, minibulder, ponte tibetano, zona de exploradores para a identificación da biodiversidade animal, furgo-laboratorio, espazo de expresión artística, etc.
Descargar todas as imaxes