Escoitar

O capitán do Real Club Celta de Vigo redactará e leerá o Bando da Reconquista

O alcalde avanzou este martes que o vigués Borja Oubiña, capitán do Real Club Celta de Vigo, será o encargado do redactar e dar lectura ao Bando da Reconquista deste ano. Caballero salientou que é unha persoa "representativa" da cidade, que chegou á internacionalidade desde o deporte de base vigués e hoxe está de novo no equipo celeste tras superar "unha lesión moi complexa cunha gran forza de vontade"

martes, 20 mar 2012
1332251038borja.jpg
Abel Caballero revelou hoxe martes que Borja Oubiña redactará e leerá o Bando da celebración da Reconquista viguesa por ser unha "persoa moi representativa desta cidade" e "moi entroncada en Vigo".

Caballero desgranou a traxectoria profesional do capitán do Real Club Celta de Vigo, quen chegou á internacionalidade con España tras comezar no deporte de base vigués. Ao tempo que futbolista de elite, Oubiña licenciouse en Ciencias Empresariais. Agora volve ter un papel importante no clube tras ter superado "unha lesión moi complexa cunha gran forza de vontade", indicou Caballero.

"Cremos que é uha persona moi significativa da xente nova de Vigo", asegurou Caballero, home "moi entroncado en Vigo" polo que a súa participación nesta celebración do 28 de marzo é "óptima".
Descargar todas as imaxes