Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de marzo de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares

A Concellería de Normalización lingüística organiza no Centro Cultural de Valadares un obradoiro de regueifas que comezará pasadas as dez da mañá. O obxectivo é promover o uso da lingua galega entre a mocidade.

Dende o ano 2003 están realizándose obradoiros de regueifas polos centros de ensino, que teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral. A rima, o ritmo, a métrica pero sobre todo a improvisación, é dicir, a utilización da lingua galega entre a mocidade é un dos obxectivos que perseguen estes obradoiros e que se consegue no certame escolar. Neste certame, ao que acudirá o concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, reunimos a uns 500 escolares de secundaria, dos cales ao redor de 100 soben ao escenario para improvisar as súas cuartetas.

Os obradoiros desenvólvense nos propios centros de ensino a onde acoden os regueifeiros para achegarlles coñecementos sobre a tradición oral no mundo, e máis en particular na península. Detéñense no canto de desafío (Norte de Portugal) e na Regueifa.

O alumando comezan a practicar o rimo e rima dende o primeiro momento. De inicio guiado polos regueifeiros para logo ser quen de improvisar.

Fanse 2 obradoiros por centro. Un primeiro de nocións e achegamento, e pasados 15 días (tempo no que o alumando traballa na aula co profesorado grazas a unha unidade didáctica relaizada polo SNL e ORAL) volven para xa regueifar de corrido. Este ano participaron 11 centros de ensino, dos cales 8 van levar ao seu alumnado a regueifar. Os e as mellores improvisadores dos centros son os que regueifan no certame. O certame empeza ás 10,14 horas e remata ás 13,00 h, e vai ser conducido por Pinto d'Herbón e Luís Caruncho.
Mais noticias
O goberno local denunciará os convenios "lesivos" para Vigo e serán redactados de novo atendendo ao interese xeral
Un informe de Intervención revela que Vigo non ten débedas recoñecidas de pago pendentes
O Concello ofrecerá información e asesoramento legal aos afectados polas preferentes
A demanda do Centro de emprego municipal creceu nun 39% no que vai de ano
Caballero salienta a "importancia" da información nas institucións públicas e privadas
Exposición "O traxe a través do proceso do pan"
Peche provisional da Biblioteca Central os días 17 e 19 de marzo
Educación abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais
Caballero felicitou a cinco deportistas de Vigo polo seu magnífico papel nos Campionatos de España de judo e taekwondo
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Conferencia da escritora Mª Xosé Queizán
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003