Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de marzo de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero salienta a "importancia" da información nas institucións públicas e privadas

O alcalde indicou este xoves na sesión de apertura das II Xornadas Técnicas Conxuntas de Auditoría que a laboura destes profesionais, tanto para o ámbito público como para o privado, "é especialmente importante en época de crise porque a tendencia á opacidade multiplícase". Pese a que Vigo non ten débedas, Caballero recordou que hoxe remata o prazo para que os municipios remitan ao Goberno de España as facturas pendentes sen pagar, saíndo á luz impagos das administracións.




O ámbito público e privado "precisan da capacidade de saber qué está a acontecer e esa é a vosa tarefa que, se é importante en calquera momento, é especialmente importante en época de crise porque a tendencia á opacidade multiplícase", indicou Abel Caballero ante os profesionais da auditoría.

Durante a súa intervención, o rexedor vigués afirmou que as entidades financeiras -en España e Europa- tamén trataron de ocultar información sobre os seus activos tóxicos e apuntou que "non pode suceder" que millóns de aforradores depositaran a súa "confianza" nas institucións financeiras "sen ter a información dispoñible". Concluíu Caballero que "por iso a vosa actividade ten tanta demanda social".

Abel Caballero transmitiulles "todo o noso alento para que estas xornadas comecen ben" e aseverou que Vigo é a cidade da economía e "hoxe abrimos un paréntese e decimos que tamén é a cidade da auditoría".

As II Xornadas Técnicas Conxuntas de Auditoría son o froito do esforzo das tres corporacións de auditores -REA, ICJCE e REGA- para prestar aos seus membros un marco de encontro formativo agregado dentro da profesión. O obxectivo pasa por integrar as tres entidades para dotar aos auditores de contas dunha voz única ante as administracións e a sociedade.

Os ponentes das xornadas céntranse nos aspectos relevantes do día a día da profesión, procurando ademais afondar no futuro desta actividade cunha mesa redonda que pecha o evento.
Mais noticias
O goberno local denunciará os convenios "lesivos" para Vigo e serán redactados de novo atendendo ao interese xeral
Un informe de Intervención revela que Vigo non ten débedas recoñecidas de pago pendentes
O Concello ofrecerá información e asesoramento legal aos afectados polas preferentes
A demanda do Centro de emprego municipal creceu nun 39% no que vai de ano
Exposición "O traxe a través do proceso do pan"
Peche provisional da Biblioteca Central os días 17 e 19 de marzo
Educación abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais
Caballero felicitou a cinco deportistas de Vigo polo seu magnífico papel nos Campionatos de España de judo e taekwondo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Conferencia da escritora Mª Xosé Queizán
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003