Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de marzo de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Conferencia da escritora Mª Xosé Queizán

A concelleira de Igualdade Chus Lago presenta á escritora Mª Xosé Queizán, que intervirá co relatorio "Feminismo ou barbarie. O difícil ascenso para acadar a humanización" o venres día 16, ás 20 h no Centro Social NovaGaliciaBanco (rúa Policarpo Sanz,26. Esta actividade forma parte da programación mensual da Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional da Muller. Queizán participará tamén no almorzo litetario do sábado, 17 de marzo ás 10.30 horas no Centro de Documentación é Recursos Feministas.




Mª Xosé Queizán, nos traslada a seguinte cuestión: o poder dos machos sobre as femias.Poder herdado xa dos primates, perpetúase ao longo da evolución humana, condenando ás mulleres a parir, a un traballo escravo e excesivo, á cousificación, á tortura, á morte. O odio, desprezo e sadismo son motivacións para un abuso e un exterminio global, realizado con impunidade e avalado por normas e leis. O feminismo é a reacción contra esta barbarie. Ten como finalidade que as mulleres cheguen a ser humanas.

A súa traxectoria profesional

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é unha das escritoras de máis nítida voz da Galicia de hoxe. Directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, como narradora deu á luz as seguintes novelas: A orella no buraco (1965), Amantia (Xerais 1984), A semellanza (1988), O segredo da Pedra Figueira (Xerais 1989, 2003), Amor de tango (Xerais 1992), O solpor da cupletista (Xerais 2003), Ten o seu punto a fresca rosa (Xerais 2000) e Meu pais vaite matar (Xerais 2011) amais do volume de relatos ¡Sentinela, alerta! (Xerais 2002). Como poeta é autora dos seguintes títulos: Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993), Fóra de min (1995), Non o abras como unha flor (Xerais 2004) e Cólera (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia Antígona, a forza do sangue (Xerais 1991), o drama Cartuxeira (2008) e a comedia Neuras (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Evidencias (Xerais 1990), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998), Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (Xerais 2004), Anti natura (Xerais 2008), e Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (Xerais 2011) e a última novela publicada en decembro de 2011 co título Meu pai vaite matar .
Mais noticias
O goberno local denunciará os convenios "lesivos" para Vigo e serán redactados de novo atendendo ao interese xeral
Un informe de Intervención revela que Vigo non ten débedas recoñecidas de pago pendentes
O Concello ofrecerá información e asesoramento legal aos afectados polas preferentes
A demanda do Centro de emprego municipal creceu nun 39% no que vai de ano
Caballero salienta a "importancia" da información nas institucións públicas e privadas
Exposición "O traxe a través do proceso do pan"
Peche provisional da Biblioteca Central os días 17 e 19 de marzo
Educación abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais
Caballero felicitou a cinco deportistas de Vigo polo seu magnífico papel nos Campionatos de España de judo e taekwondo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003