Escoitar

O Concello e Iberia cooperarán para impulsar Vigo como destino turístico e de congresos

Abel Caballero, como presidente da Fundación Vigo Convention Bureau (VCB), asinou con Iberia un acordo de colaboración polo que a compañía aérea comprométese a facilitar as mellores condicións económicas e de servizo ás axencias de viaxes e empresas adscritas ao ente de turismo local. Os descontos acadan ata o 45% nos billetes en clase turista de Iberia e o 50% na ponte aérea entre Madrid e Barcelona.

martes, 6 mar 2012
1331038552iberia.jpg
Un acordo de cooperación comercial entre Iberia e a Vigo Convention Bureau permitirá ás empresas e axencias de viaxes adscritas á Fundación obter vantaxes especiais á hora de organizar eventos -tanto dentro como fóra da cidade- de promoción turística e congresual de Vigo.

Durante o ano 2012 -en virtude do texto asinado hoxe polo alcalde, Abel Caballero, e o Director Xeral Comercial e Clientes de Iberia, Manuel Antonio López Aguilar-, a compañía aérea comprométese a facilitar mellores condicións económicas e de servizo, namentres que o Concello nomea a Iberia transportista aéreo preferente, insertando a imaxe corporativa de Iberia e Air Nostrum nas publicacións que edite a Fundación.

Concretamente, Iberia facilitará ás empresas asociadas do sector a emisión dos seus billetes con descontos especiais a todos os destinos da súa rede. As rebaixas aplicadas serán as seguintes:


Iberia
-Ata un 45% en clase turista
-Ata un 40% en Business
-Ata un 50% na Ponte Aérea MAD-BCN e BCN-MAD

IB8000 -operado por Air Nostrum-
-Ata un 25% en Turista completa
-Ata un 15% en Business

IB5000 -operado por Vueling-
-Tarifas especiais, con acceso a máxima disponibilidad, en rutas españolas e europeas
Descargar todas as imaxes