Escoitar

Vigo acollerá en decembro o XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía

Máis de 300 economistas se achegarán ao Auditorio Mar de Vigo no mes de decembro para participar no XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía. Así o avanzou hoxe mércores o rexedor, logo dunha xuntanza con responsables deste evento, unha xuntanza na que lle trasladaron a súa intención de analizar na cidade a situación económica en España e no ámbito global.<br />

mércores, 22 feb 2012
1329925983Reunioneconomistas.jpg
O Auditorio Mar de Vigo acollerá en decembro o XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía, no que será a primeira vez que a cidade albergue este evento. Segundo explicou hoxe mércores o rexedor, logo dunha xuntanza cos impulsores do congreso, entre 300 e 400 profesionais de todas as universidades españolas se darán cita en Vigo para falar de economía. Concretamente, as temáticas xirarán sobre a crise, a acción territorial en crise e unha visión global da situación financeira que estamos a vivir no mundo. Ao tempo que anunciou a "colaboración" do Goberno municipal con este congreso, Caballero indicou que en Vigo á preciso que se fale de políticas de crecemento que permitan facer fronte a crise.
Descargar todas as imaxes