Escoitar

Vigo disfrutará dun programa do Entroido "excepcional" cun aforro do 45% respecto do ano pasado

Desde o venres 17 ata o mércores 22, Vigo disfrutará do Entroido, cun programa "excepcional" que, en verbas do alcalde, permitirá "facer máis e mellor con menos recursos". De feito, a partida para estas festas é de 100.000 euros, ao redor dun 45% menos que o ano pasado pese ao que "serán unhas grandes festas con menor orzamento, tal e como corresponde a este ano, bautizado xa como o da austeridade", matizou.

martes, 14 feb 2012
1329225180cartel.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá de martes o programa do Entroido que arranca o venres 17 e que este ano contará como pregoneiro con Julián Hernández, vocalista de Siniestro Total, dentro da homenaxe que a cidade lle fai a un grupo que cumpre 30 anos de vida e que "foi unha revolución na música e na forma de concebir Vigo desde o resto de España". Desde este día, ata o 22 de febreiro, os vigueses disfrutarán dunhas "grandes festas, dun gran programa que se realiza no ano da austeridade, tal e como imos bautizar xa ao ano 2012", dixo o rexedor. O orzamento deste ano, engadiu, é de 100.000 euros fronte aos 175.000 que se investiron o ano pasado, polo que hai unha baixada de case un 45%. "Este aforro non só non vai a empeorar a calidade das festas, senón que este programa será o mellor da historia porque somos capaces de facer máis con menos, como xa demostramos coa organización da Cabalgata de Reis", engadiu.

Na rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañado pola concelleira de Festas, Isaura Abelairas, e representantes da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e da Federación de Peñas Recreativas El Olivo, Caballero indicou que, entre as moitas actividades do Entroido que comezan o venres, destaca o desfile de comparsas e carrozas que sairá ás 18,00 horas desde a rotonda de Isaac Peral, cara á Porta do Sol, pasando por García Barbón e Policarpo Sanz. O domingo e luns estará adicado aos máis pequenos, con actividades na Praza de Compostela; mentres que o martes, haberá un concurso de disfraces, entre outras moitas iniciativas. O mércores rematará o Entroido coas exequias funerarias.

Descargar todas as imaxes

Máis información