Escoitar

Caballero avanza a necesidade de talar 30 árbores danados de Gran Vía

A Concellería de Parques e Xardíns verase obrigada a talar uns 30 árbores danados da rúa Gran Vía, segundo se desprende dunha revisión que está a realizar a empresa concesionaria para valorar o estado do arborado da zona. Nas verbas do rexedor, que esta mañá revisou estes traballos, das 280 unidades analizadas, 100 requiren tratamento, tal e como xa se fixo noutros sitios da cidade, como na Praza Compostela.

mércores, 8 feb 2012
1328704750arboles.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou esta mañá de mércores que unha revisión técnica das 280 árbores alineadas na Gran Vía detectou que uns 100 requiren tratamento e que, por inspección ocular, ao redor de 30 terán que ser talados. Así o explicou durante unha visita que fixo co concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, e técnicos da concesionaria, para comprobar in situ como se están a desenvolver os traballos de revisión do arbolado da zona, tal e como se fixo previamente noutros sitios da cidade, como a Praza de Compostela, onde se rexistrou hai uns meses a caída dunha árbore por debilidade.

O primeiro edil lembrou que o Concello iniciou estes traballos de inspección na Gran Vía a raíz da caía dunha árbore, e reiterou que nestes momentos estase a facer unha radiografía do grado de afección de cada unidade, danadas pola antigüedade e por estar no centro da cidade. Unha vez determinado que "como moito se van talar 30 árbores", tamén haberá que aplicar tratamento de poda nalgunhas unidades. Caballero suliñou a tecnoloxía alemana coa que se acometen estes traballos porque "só dispoñen dela dúas empresas en toda España".

Xardín de Castrelos
Durante a súa intervención, Caballero referiuse tamén ao Boj do xardín francés de Castrelos, ben de interese cultural, que está afectado por un fungo especialmente agresivo . "Levamos tratandoo xa desde maio e imos seguir durante varios meses", indicou ao tempo que amosou a esperanza de salvar "un xardín que ten máis dun sáculo de vida". Apelou a colaboración cidadá para que no se toque esta especie, e evitar así que se estenda, porque o parque segue aberto aínda que a zona estea acotada. Lembrou que o fungo non é nocivo para as persoas pero sí que actúan como transmisores, polo que solicita colaboración cidadá "para non ter que pechar os xardíns". Explicou que os técnicos atenden a diario a zona para aplicar o tratamento químico que permita salvar este ben de interese cultural.
Descargar todas as imaxes