Escoitar

Actividades gratuitas en Súbete ó Castro

A Concelleria de Xuventude organiza novas actividades en Súbete ó Castro de formación musical e artes escénicas , de creación audiovisual e de banda deseñada.

venres, 3 feb 2012
1328270346castro.jpg
CURSO DE CREACIÓN AUDIOVISUAL: graba o teu video, e aprende a utilizar os programas de edicición de software libre e a editalos. Apúntate, prazas limitadas!! Imparte: J. Conde, técnico de realización e director de tempo libre.
Datas: Do 20 ó 23 de Febreiro de 18 a 20h.

CURSOS DE FORMACIÓN MUSICAL E ARTES ESCÉNICAS: Guitarra, batería, técnica vocal e break dance. Duración: Do 13 de Febreiro a 16 de Xuño. 1h de clase á semana en grupos reducidos.

FESTA DE ENTROIDO: os mércores do 8 ó 15 de Febreiro de 18 a 20h ímonos xuntar para elaborar un disfraz colectivo elexido entre as ideas de todos os mozos e mozas que esten interesados. E 0 21 de Febreiro participaremos no entroido vigués. Ven e danos a túa idea para o disfraz grupal!!

ESTE MES DE FEBREIRO O ADICAMOS Á BANDA DESEÑADA.

Temos á vosa disposición durante as tardes deste mes uns cantos cómics para ler no Súbete ó Castro e tamén material de debuxo por se queres crear a túa propia banda deseñada e contribuir a decorar as paredes do centro xuvenil.
Descargar todas as imaxes

Máis información