Escoitar

Caballero di que o Goberno Central foi "receptivo" coas peticións dos concellos sobre finanzamento e liquidez

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá de mércores que Vigo disporá dun millón de euros máis para investimentos para o próximo exercicio. Esa foi unha das conclusións da reunión que Caballero liderou onte pola tarde entre a Comisión Nacional de Administración Local e responsables do Ministerio de Fomento. O vicepresidente da Femp mostrouse satisfeito co encontro porque "o Goberno de España está a prestar atención ás nosas demandas"

mércores, 1 feb 2012
1328102308femp.jpg
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Femp, Abel Caballero, liderou onte en Madrid unha reunión entre a Comisión Nacional de Administración Local e responsables do Ministerio de Fomento, nun encontro organizado para "pechar acordos dobre medidas de finanzamento e liquidación para os concellos".

Segundo degranou, a primeira das conclusións supón que a achega do 50 por cento do Fondo de Cooperación "será de oficio e sen requisitos previos máis aló da liquidación de 2010"; en segundo lugar, referiuse a que a devolución dos pagos indebidos ao Goberno Central vanse pagar en dez anos a contar desde o 1 xaneiro de 2012. Esta decisión, engadiu, permitirá ao Concello de Vigo dispoñer dun millón de euros máis para inversións. Outro dos acordos alcanzados pasa porque se estude a petición dos municipios de ter un período de carencia e prazos máis longos de devolución para os préstamos ICO.

Durante a rolda de prensa, Caballero apuntou que estes compromisos amosan que e "o Goberno de España está a prestar atención ás nosas demandas". Na opinión do vicepresidente da Femp, o Ministerio de Economía está sendo receptivo cos prantexamentos dos concellos e "nos tratan igual que as comunidades autónomas, unha demanda permanente desde esta Alcaldía", puntualizou. Na mesma liña, engadiu que neste proceso de equiparación de municipios e autonomías hai argumentos que aínda non teñen" percha legal" polo que "estamosimplementando medidas legais para que todo isto teña validez xurídica", rematou.
Descargar todas as imaxes