Escoitar

100 anos con Álvaro Cunqueiro "No niño novo do vento..."

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición itinerante No niño novo do vento, enmarcada nas actividades que se programan baixo 'Cien años con Álvaro Cunqueiro 1911-2011' co que se conmemora o centenario do nacemento do escritor galego

venres, 20 xan 2012
1327066339cunqueiro.jpg
No niño novo do vento, que estará aberta ao público ata o 29 de xaneiro, estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial.

Un espazo audiovisual reproduce en vídeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografía.
Descargar todas as imaxes