Escoitar

O rexedor repasa a situación das dotacións xudiciais na cidade con responsables de CCOO

Abel Caballero mantivo na mañá de hoxe venres unha reunión con responsables de xustiza de CCOO para analizar e contrastar opinións sobre a situación que atravesa este servizo público na cidade. O rexedor, entre outras cuestións, trasladoulles a situación real no que se atopa o proxecto da Cidade da Xustiza dous días despois de que o Concello recibira o documento de xeito oficial por primeira vez, cun retraso de máis de tres anos. Reiteroulles que a pretensión da Xunta é que o Concello asuma unha "competencia impropia para que non temos finanzamento", puntualizou.

venres, 20 xan 2012
1327061768justicia.jpg
Logo de reunirse esta mañá con representantes de CCOO en materia de Xustiza, o rexedor indicou que lles trasladou o prantexamento da Xunta que pasa porque desde o Concello "asumamos unha competencia impropia", é dicir, "unha competencia que a Comunidade Autónoma descarga no Concello sen que este teña competencias". Explicoulles, segundo aclarou aos medios de comunicación, que as competencias en Xustiza son exclusivas do Goberno autonómico polo que "cando pretenden que asumamos unha parte do custo do proxecto, o que pretenden é que asumamos atribucións que non son nosas".

Respecto á tramitación do proxecto, como xa expusera publicamente, o alcalde manifestou aos representantes sindicais que os técnicos van analizar o proxecto con axilidade e que, unha vez se coñezan as características do futuro edificio, Xunta e Concello se sentarán, "probablemente a semana que ven", para buscar fórmulas de cooperación que permitan avanzar nun servizo público que é competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes