Escoitar

Mostra bibliográfica de libros de cociña e club de lectura na Biblioteca Xosé Neira Vilas

A Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas expon unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo relacionado co mundo da cociña, como parte das actividades de "Sopa de letras"; tamén está previsto para o xoves a xuntanza 20 horas do club de lectura.

mércores, 18 xan 2012
1326890190sushi.jpg
Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala.

Esta mostra completarase con dúas actividades, unha para nenos/as o sábado 28 de xaneiro e outra para adultos/as o sábado 25 de febreiro, ambas ás 12,00 horas.

Lugar: BIBLIOTECA Xosé Neira Vilas. Avda. Martínez Garrido, 21. Tlf: 986 267 609

Acceso: Gratuito

Club de lectura

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves de cada mes) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dun coordinador. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.

Inscricións ao longo do mes de outubro na biblioteca.
Descargar todas as imaxes