Escoitar

O Concello solicitou por escrito o proxecto de Cidade da Xustiza

Segundo explicou hoxe martes o alcalde vigués, a xerente de Urbanismo, María Carneiro, solicitou por escrito á delegación da Xunta en Vigo o proxecto definitivo da Cidade da Xustiza. Na carta solicítase o novo documento para comprobar que neste caso si se adapta ao PXOM, non como o proxecto anteriormente presentado pola Xunta, que era "ilegal".

martes, 17 xan 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou esta mañá que o Concello solicitou por escrito á Delegación da Xunta o proxecto definitivo da Cidade da Xustiza, un documento que "tras máis de tres anos de Goberno de Feijóo aínda non temos". Nunha carta remitida pola xerente de Urbanismo, María Carneiro, pídeselle á Xunta que envíen o documento para comprobar que nesta ocasión sí se adapta ao PXOM, ao tempo que se lembra que "o anterior proxecto non se axustaba ao Plan Xeral polo que era ilegal". En segundo lugar, María Carneiro lembra na misiva que é competencia do Goberno autonómico financiar todos os seus investimentos porque son da súa competencia".

Durante a comparecencia cos medios, o rexedor apuntou que o ámbito xudicial de Vigo é para toda o sur da provincia, polo que "é a Xunta a que ten que pagar a expropiación e a partir de aí estudaremos fórmulas de cooperación". Cando se fan proxectos similares noutros sitios, -proseguiu- cando o solo é de propiedade municipal obtido por cesións de ámbitos urbanísticos é razoable que non se cobre". Pero neste caso -puntualizou- é un solo con importante parte privada. "Hai que saber que solo demandan para saber de que cartos estamos a falar", rematou.

Máis información