Escoitar

Caballero asegura que a reforma de Manuel Álvarez supón "a apertura dunha vía humanizada como grande acceso a Vigo"<br />

A reforma de Manuel Álvarez supón "a apertura dunha vía humanizada como grande acceso a Vigo". Así o indicou esta mañá durante unha visita á rúa onde destacou que estes traballos precisaron dun investimento de máis de catro millóns de euros: 3.800.000 euros na adxudicación de obra e uns 600.000 euros en expropiacións.

xoves, 12 xan 2012
1326382842manuel.JPG
O alcalde de Vigo cualificou hoxe de "obra da grande envergadura" o traballo de humanización que se realizou na rúa Manuel Álvarez. Indicou que quedan 15 días para que as obras estean completamente rematadas porque so queda pendente un "pequeno" tramo de beirarrúa que se retrasou ao ter que recurrir a unha expropiación forzosa dado que non houbo acordo cos propietarios. Segundo explicou durante a visita que realizou esta mañá, o importe de adxudicación foi de 3.800.000 euros, aos que hai que sumar uns 600.000 euros en expropiacións, o que nos sitúa nun investimento de máis de catro millóns de euros, "unha das máis caras das que se realizou en Vigo", puntualizou.

Tratóuse de facer beirarrúas de xeito distinto, -explicou- con tonalidades diferentes, nas que as farolas fan un efecto estético moi importante. Incidiu na importancia dos traballos recordando que se fixeron novos trazados -eliminando curvas- e, entre outros, construíuse unha nova ponte. Logo de destacar que a obra vai en prazo -24 meses- detallou que se colocaron 85 árbores, 52 farolas, case un kilómetro e medio de pluviais e máis de dous kilómetros e medio de canalizacións, ademais de instalar bancos e papeleiras. É, portanto, moito máis que unha humanización, "supón a apertura dunha vía humanizada con grande acceso a Vigo" tanto como Severino Cobas, "o segundo gran acceso alternativo de Vigo".

Na liña do proceso humanizador da cidade, Caballero lembrou que nestes momentos xa se aprobou a adxudicación definitiva das obras de Ramón Nieto, Doutor Marañón, Brasil, Martínez Garrido, Avenida Castelao, Nicaragua, Aragón, Menéndez Pelayo e Pintor Colmeiro, por un valor de 15.000.000 euros.
Descargar todas as imaxes