Escoitar

Concerto con motivo do 60ª aniversario da Alianza Francesa de Vigo

O venres 13 ás 20:30h celebrarase no Auditorio do Concello de Vigo o concerto 1Tour2Chants, no que se amosarán composicións e versións de grandes figuras da canción francesa.

mércores, 11 xan 2012
1326300552mini.jpg
Este grupo procedente de Lyon, cidade do sureste de Francia, nos invita a descubrir o mundo da canción francesa á súa maneira: coas súas composicións e versións de grandes figuras da canción francesa mesturando as palabras con poesía e simplicidad, Claire, Daniel e Zulian prometen facernos pasar un momento agradable.

Prezo: Os socios da Alianza Francesa teñen entrada gratuita, poden conseguila en secretaría a partir do 4 de Xaneiro de 2012. As entradas adicionais para socios e non socios son de 4€ cada unha e poden recollerse en secretaría a partir do 4 de Xaneiro ou en taquilla do Auditorio Municipal de Vigo o día do concerto.
Descargar todas as imaxes