Escoitar

Curso de monitores/as de tempo libre

A Concellería de Xuventude abre o prazo para inscribirse no curso de monitor/a de actividades de tempo libre, destinado á mocidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Para poder realizar este curso deberase estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

xoves, 1 dec 2011
1322745965dibujoverano.jpg
Descrición: Curso coordinado pola Escola de tempo libre Xaruma e coa colaboración de Novagalicia. O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas. Deberase asistir como mínimo ao 80% das horas. Ao rematar esta fase haberá que realizar 150 horas prácticas nunha entidade ou 12 días nun campamento. Para esta fase práctica contarase en todo momento co asesoramento da organización.

Os diplomas serán expedidos pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Temario:

Área de psicoloxía e área de educación e tempo libre. 45hs.
Área de animación. 65hs
Área de educación para a saúde. 30hs
Área de educación ambiental. 35hs
Área de organización e recursos. 25hs

Prazas e lugar: 25 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición previa entrega da documentación requirida. Celebrarase nas dependencias da Casa da Xuventude en López Mora nº 31.

Prezo: 158€

Datas: Inicio o 30 de decembro de 2011 de 16,00hs a 20,00hs e as fin de semana de xaneiro, febreiro e marzo de 2012 en horario de 10 a 14,00hs e de 16 a 20,00hs.

Prazo e lugar de inscrición: Dende o 28 de novembro a partir das 10hs e ata cubrir prazas. Na Casa da Xuventude (López Mora nº 31)
Descargar todas as imaxes

Máis información