Escoitar

O Concello subvencionou as actividades socioculturais de 87 asociacións con case 100.000 euros no 2011

O rexedor avanzou que 87 asociacións socioculturais da cidade organizaron distintos eventos no 2011 co apoio do Concello de Vigo, quen aportou case 100.000 euros. Este foi un dos acordos adoptados esta mañá nunha Xunta de Goberno local na que tamén se adxudicou, por 42.480 euros, a contratación do deseño e produción das carrozas da Cabalgata de Reis deste ano.

xoves, 1 dec 2011
1322744062alcalde2.jpg
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o nomeamento como funcionarios de carreira a 18 policías locais que desde o pasado 21 de febreiro exercían en prácticas, logo de superar as prácticas e a parte teórica da formación. Tal e como relatou o rexedor, ese foi o primeiro dos acordos tomados na reunión de Goberno desta mañá, na que tamén se deu luz verde á adxudicación, por 42.480 euros, da contratación do deseño e produción das carrozas de Cabalgata de Reis. Anunciou que a empresa adxudicataria é La Fiesta Escénica S.L., a que tivo mellor puntuación das dúas que se presentaron e engadiu que "ten experiencia" porque xa organizou este evento noutras ocasións para o Concello.

Outros dos acordos tomados na Xunta de Goberno, segundo relatou, foi a aprobación da resolución da convocatoria de subvencións para programas de animación sociocultural. 75 asociacións e 12 comisións de festas recibiron durante 2011 case 100.000 euros para a organización de distintas actividades culturais e sociais.
Descargar todas as imaxes