Escoitar

Amelia Vázquez-Palacios amosa na Alcaldía o seu talento e paixón pictórica

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa municipal que leva as obras de artistas vigueses ou vinculados á cidade aos espazos da Alcaldía do Concello de Vigo. Amelia Vázquez-Palacios, pese á súa xuventude, transmite en cada un dos seus traballos a súa paixón e calidade artística, converténdoa nun importante valor de futuro.

mércores, 30 nov 2011
1322658303exposicion.BMP
MOSTRARTE busca dotar de protagonismo á arte e á cultura na participación social a través das exposicións en espazos públicos, neste caso na Alcaldía de Vigo.

As dependencias municipais representan un espazo significativo para os cidadáns e son visitadas diariamente por moitos deles. Mostrarte promove mostras periódicas con obras de artistas recoñecidos da nosa cidade, así como tamén dando oportunidade de mostrar a súa valía a novos talentos.
Descargar todas as imaxes