Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de novembro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Taller de horta urbana

A Concellería de Xuventude abre o prazo para a inscrición do obradoiro de horta urbana ecolóxica destinado á mocidade de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. O obradoiro realizarase nos exteriores da Casa da Xuventude e ten co fin sensilibilizar en materia ambiental e de sustentabilidade.




Obxectivos:
Sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade.
Dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica.
Fomentar unha alimentación máis saudable entre a mocidade.
Dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.

Contido:
Serán 4 obradoiros de creación dunha horta urbana nas seguintes datas:
1º. Xaneiro, febreiro e marzo de 2012. 6 sesións. 15 participantes.
2º. Abril, maio e xuño de 2012. 6 sesións. 15 participantes.
3º. Xullo, agosto e setembro de 2012. 6 sesións. 15 participantes.
4º. Outubro, novembro e decembro de 2012. 6 sesións. 15 participantes.
Paralelamente a estas accións, haberá obradoiros de traballo relacionados coa
horta: esqueirado; elaboración de marmeladas; elaboración de cremas e colonias;
elaboración de vinagres e aceites aromáticos.
O material, equipamento e ferramentas necesarias para a actividade están
incluídos.

Datas e horarios: Día 22 de decembro na Casa da Xuventude: Presentación. As sesións de traballo en cada quenda se realizarán sempre os sábados de 10 a 14hs.

Prazos e lugar de inscrición: 1º Obradoiro (Xaneiro a marzo de 2012) Dende o 1 de decembro de 2011. Para os obradoiros 2º, 3º e 4º a inscrición será dende un mes antes do inicio de cada obradoiro.
Inscrición na casa da Xuventude (López Mora nº31)
Destinado a: Mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema.
No caso de menores de idade deberán traer unha autorización materna/paterna ou do seu titor/a.
Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo.
Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org – Vigosónico 608 848 989 e na web xuventudevigo.org
Mais noticias
O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal "enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo"
Caballero ubica na Casa do Pescador o albergue permantente e definitivo de Vigo, con 50 camas
Caballero mantén unha reunión cos tres sindicatos para "compartir visións" da cidade
Amelia Vázquez-Palacios amosa na Alcaldía o seu talento e paixón pictórica
Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003