Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar polas empresas MOVEXVIAL, EIRIÑA e ORECO, e mentres duren as obras, establécese sentido único de tráfico nas rúas: SEVERINO COBAS, cara á rúa Ramón Nieto; NAIA, treito entre Severino Cobas e Alcalde Lavadores, cara á rúa Alcalde Lavadores, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.

venres, 25 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa NOVELOS (Bembribe), treito entre entre Monte Calvario e o número 22, con entrada por Monte Calvario, dende o xoves 01 de decembro de 2011 ás 10:00 horas.

Prégase a máxima atención á sinalización,

Solicítase a máxima colaboración cidadá.