Escoitar

A Policía Local e Stop Accidentes conmemoran o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico

O equipo de Educación Vial da Policía Local e a ONG Stop Accidentes proxectarán o venres 25 de novembro ás 18,00 horas o documental "Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento" no Centro Cívico de Teis. Trátase dunha das iniciativas coas que se conmemora o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, unha actividade á que se unirán sendas marchas, ciclista e motorista, que se organizarán o domingo 27 e que rematarán cun acto na Praza do Rei.<br />

mércores, 23 nov 2011
1322140179stop.jpg.jpg
O vindeiro venres, 25 de novembro, o Centro Cívico de Teis acollerá a proxección do documental Dousdevintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento, dirigido por Manu Mayo. Esta emisión, que será presentada pola delegada en Galicia da ONG Stop Accidentes ás 18,00 horas, é unha das actividades previstas para conmemorar o Día Mundial en recordo das Vítimas de Tráfico, que este ano se celebra o 27 de novembro. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Na mesma liña, o domingo 27, o equipo de Educación Vial da Policía Local, en colaboración con Stop Accidentes , organiza unha marcha ciclista que partirá ás 10,00 horas do paseo de Montero Ríos (concentración ciclista desde as 09,00 horas) e unha marcha motorista que partirá ás 11,00 horas do Monte da Guía (concentración motorista desde as 10,30 horas). Os participantes de ámbalas dúas marchas achegaránse á Praza do Rei a partir das 11.30 horas, onde terá lugar un acto conmemorativo, no que participará o alcalde de Vigo, en recordo das persoas que perderon a vida nas carreteras no que vai de ano.
Descargar todas as imaxes