Escoitar

O alcalde anuncia a realización dunha auditoría enerxética para mellorar o sistema térmico dos colexios públicos

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á solicitude dunha subvención para realizar a auditoría en nove centros de Infantil e Primaria de Vigo, co dobre obxectivo de mellorar o sistema de calefacción e, a través do aislamento, aforrar consumo e emitir menos gases de efecto invernadoiro. Abel Caballero adiantou este mércores que "imos estendelo a todos os colexios públicos de Vigo".

mércores, 16 nov 2011
1321449584alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores do acordo adoptado polo goberno local para solicitar unha subvención para a realización dunha auditoría enerxética en nove Centros de Educación Infantil e Primaria de Vigo para mellorar o sistema térmico.

Segundo explicou Caballero, os centros escolares serán o Illas Cíes, Sárdoma-Moledo, Teis-Santa Tegra, Teis-Paraixal, Igrexa de Candeán, Párroco don Camilo, Javier Sensat, Mosteiro de Bembrive e Canicouva. O obxectivo desta medida é facer que o sistema de calefacción opere mellor e, a través do aislamento, aforrar consumo enerxético emitindo ao tempo menos gases de efecto invernadoiro.

Despois dos nove centros, "imos estendelo a todos os colexios públicos de Vigo", asegurou o alcalde, para reforzar o aislamento térmico e ter un mellor e máis eficiente sistema de calefacción.
Descargar todas as imaxes