Escoitar

Caballero participou na visita realizada por técnicos chineses ao servizo municipal de augas de Vigo

O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.

martes, 15 nov 2011
1321375969aqualia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na visita realizada por unha delegación do departamento do Drainage Group de Pequín ás instalacións do servizo municipal de augas da cidade, co obxectivo de interesarse polo sistema de saneamento vigués.

Abel Caballero definiu de "moi interesante" o encontro e detallou que as redes soterradas de abastecemento e saneamento da capital chinesa suman 8.000 quilómetros de lonxitude para dar servizo a unha poboación de 20 millóns de persoas, namentres que Vigo ten 1.000 quilómetros para 300.000 persoas, o que "da unha mostra da estrutura" viguesa e do custe de mantemento que conleva.

Esta xornada técnica tivo lugar na sede de Aqualia, na rúa Cantabria, onde a visita puido coñecer de primeira man as particularidades do servizo na cidade para tratar de compartir o deseño e as ferramentas empregadas na xestión do saneamento. Ademais, a delegación chinesa efectuou un percorrido polo sistema municipal de xestión integral da auga, particularmente interesados na técnica viguesa para desatascar as canalizacións.
Descargar todas as imaxes