Escoitar

O goberno de Vigo abriu tras 17 anos a unión de Rosalía de Castro con García Barbón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da apertura do treito final de Rosalía de Castro, na unión con García Barbón, rematando así con 17 anos de procedemento e "cumprindo con todos os requisitos legais" tras ser aprobado hoxe a recepción das obras na Xerencia municipal de Urbanismo e na Xunta de Goberno Local.

venres, 14 out 2011
1318596188alcalderosalia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da apertura do final de Rosalía de Castro, na súa conexión con García Barbón, finalizando 17 anos de tramitación.

Caballero informou da aprobación da recepción da obra no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e posteriormente na Xunta de Goberno Local, cumprimentando así con "todos os requisitos legais" que posibilitaron a súa apertura ás 10:30 horas deste venres.

Trátase para o rexedor dunha "obra emblemática" non tanto polo seu tamaño coma polo seu significado, xa que a cidade conta agora con outra das "grandes entradas" ao centro. Abel Caballero adiantou que posiblemente "haberá que reordenar o tráfico" na zona.
Descargar todas as imaxes