Escoitar

Auditorio Municipal "Ao ritmo da maxia"

Chrystyan Magic e o grupo de música Álvaro Muras traen o seu espectáculo de entretemento e maxia ao Auditorio Municipal o venres, día 14, ás 21 horas, dentro da programación de teatro da Concellería de Cultura.

xoves, 13 out 2011
1318509050mini.jpg
"Ao ritmo da maxia" é un espectáculo dinámico e interactivo creado para dar entretemento e diversión a través de varios ámbitos da maxia nun formato orixinal.

Chrystyan Magic levará a curiosidade, o suspense e a ilusión cunha ambientación compartida no escenario co grupo do músico Álvaro Muras, para que o espectador dé renda solta á imaxinación e así o goce do mesmo. A fantasía e as ilusións levarán ao público a un estado de atención no que será partícipe para o desenvolvemento da proposta.


Compañía: Fusionarte
Género: magia
Edad recomendada: público adulto
Autor: Álvaro Muras
Dirección: Chrystyan Magic
Adaptación: Chrystyan Magic e Álvaro Muras
Escenografía: Chrystyan Magic
Deseño de son: Álvaro Muras
Deseño de iluminación: Chrystyan Magic e Álvaro Muras
Vestiario: Chrystyan Magic
Música: Álvaro Muras
Elenco artístico: Mago: Chrystyan Magic. Músicos: Bruno Couceiro e Álvaro Muras
Idioma: galego
Duración: 60 minutos
Prezo: 7 euros
Descargar todas as imaxes