Escoitar

Abel Caballero asegura que "manteremos a presión" sobre Xunta e Goberno de España para que "manteñan as políticas industriais"

Nunha conferencia ofrecida este martes do "Forum Europa. Tribuna Galicia" polo inicio do curso político, o alcalde de Vigo avogou por continuar presionando á Xunta de Galicia e ao Goberno de España para que manteñan as políticas dirixidas aos sectores industriais estratéxicos. Na súa intervención, Caballero subliñou os investimentos de José Blanco en Vigo desde o Ministerio de Fomento, en particular os 650 millóns de euros da integración ferroviaria na primeira cidade de Galicia.

martes, 4 out 2011
1317742902forum.jpg
alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que "manteremos a presión" sobre o Goberno de España e a Xunta de Galicia para que ambas institucións "manteñan as políticas industriais", centradas en sectores estratéxicos como o naval, a pesca e a automoción.

Así o asegurou o alcalde vigués no transcurso da súa conferencia na Tribuna Galicia do Fórum Europa de Nova Económia, celebrada esta mañá no Pazo Hotel Los Escudos de Vigo. Caballero desgranou as claves da xestión dos próximos catro anos, nas que figura o emprego e a promoción turística xunto ás políticas industriais e económicas.

Abel Caballero tamén subliñou os investimentos realizados na cidade polo Goberno de España, en particular pola carteira de Fomento co lucense José Blanco á fronte. O alcalde detallou que o Ministerio adica 650 millóns de euros nas distintas fases da integración ferroviaria na cidade, xunto aos 120 millóns para as melloras no aparcamento e na terminal do aeroporto de Vigo.

Outras partidas importantes en materia de infraestruturas en Vigo refírense ás novas autovías a Pontevedra e Porriño, e a ampliación de Rande, unha obra cun orzamento estimado por Fomento en 173 millóns de euros.

O alcalde vigués tamén citou a nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Vigo, recentemente adxudicada, a comisaría da Policía Nacional en Vigo e as achegas do goberno central ao naval e a automoción.
Descargar todas as imaxes