Escoitar

O alcalde anuncia a aprobación do proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, co 52% de vivenda protexida

Explicou Abel Caballero que o Consello da Xerencia de Urbanismo deste venres deu luz verde ao proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, un ámbito de 12.500 metros cadrados, con 2.000 metros cadrados de zonas verdes e unha parcela de 800 metros para a construcción de vivenda protexida. O rexedor indicou que este ámbito "reflicte moi ben o espíritu do PXOM". Das 120 vivendas que inclúe, o 52% terán algún tipo de protección.

venres, 30 set 2011
1317386625Imagen004.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación inicial do proxecto de urbanización de Tomás Paredes, un ámbito que reservará o 52% das vivendas para protección oficial.

Revelou Caballero que o devandito ámbito -entre Tomás Paredes e a rúa Pardaíña, un ámbito relevante porque va de Castelao e Bouzas, Samil e Navia- ten 12.500 metros cadrados, dos que o Concello de Vigo recibirá 2.000 m2 para zonas verdes de uso púlblico e outra de 800 metros cadrados de cesión para vivendas protexidas.

O ámbito suma un total de 120 vivendas, das que o 52% serán protexidas. Para Caballero, este proxecto reflicte a "filosofía" do Plan Xeral porque cede unha parcela para vivenda protexida e novos espazos verdes. O proxecto ten un custe dun millón de euros e, unha vez iniciada a tramitación, pasará pola Xunta de Goberno Local, polo Pleno, posterior exposición pública para voltar ao Pleno da Corporación Municipal.

Facilidades na edificación
O alcalde tamén aunciou unha modificación no PXOM relativa ás condicións de fondo edificables nas ordenanzas 3 e 4. Segundo detallou, o Plan en zonas consolidadas esixe para a construción de vivendas deixar un espazo de 3 metros na trasera libres de calquera edificación e a maiores da parede; o que acontece na inmensa maioría de parcelas é que non se pode cumprir porque xa está edificado este espazo.

Caballero apuntou que esta circunstancia imposiblita a construcción en casi todos os solares consolidados do centro de Vigo. O cambio aprobado hoxe consiste en sustituir este requisito -que non se reclama noutro tipo de calificación de solo municipal- pola obrigatoriedade de garantir as luces e vistas da fachada posterior.

O rexedor vigués explicou que, grazas a esta modificación do Plan, "cremos que vai faciltar" a contrucción de vivendas nun "importante" número de parcelas do termo municipal vigués.
Descargar todas as imaxes