Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

Establemento de sentido único en varias rúas da cidade

venres, 30 set 2011
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras, coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa e treito seguinte: ESTRADA DO PORTAL (VALADARES), entre Estrada do Foxo e Cño Valada, cara a Cño Valada, dende o martes 04 de outubro de 2011 ás 10:00 horas.



- Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co
consenso dos veciños, establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: MONTECELO ALTO, entre o número 29 e Mestre Chané, cara a Mestre Chané; MESTRE CHANÉ, entre Montecelo Alto e Baixada a Mestre Chané, cara a Baixada a Mestre Chané; MONTECELO ALTO, entre o número 29 e Travesía de Vigo 167, cara a Travesía de Vigo; dende o xoves 06 de outubro de 2011 ás 10:00 horas.

- Prégase a máxima atención á sinalización e solicítase a máxima colaboración cidadá.